Axudas á internacionalización 2020
Galicia Exporta Dixital
Convocadas AXUDAS para a INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL de empresas galegas
Subvencións ás empresas galegas para o desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital , co obxectivo de ter presencia en mercados estranxeiros. Actividades económicas internacionais e incremento das exportacións.
Axudas: Subvencións a fondo perdido
– Ata o 80% dos conceptos subvencionables.
– Mínimo/Máximo gasto subvencionable: 25.000 euros/125.000 euros
Conceptos susceptibles de apoio:
- A. Consultaría
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital. Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Adaptación RGPD.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros para a) e b) e 5.000 euros para c) e d).
B. Software
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) Gastos subvencionable máximo: 6.000 euros.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). Gasto subvencionable máximo: 25.000 euros.
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online. Gasto subvencionable máximo: 25.000 euros.
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento. Gasto subvencionable máximo: 20.000 euros.
e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias. Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.
C. Outros gastos
a) Creación e adaptación de tendas online e catálogos online para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
c) Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda online.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros para a) e b) 12.000 euros para c).
Período realización gastos:
– Dende a data de solicitude da axuda
-
Convocatoria I: Ata o 31 de xaneiro de 2020.
-
Convocatoria II: Ata o 31de xullo de 2020.
Prazo solicitude:
– I convocatoria: o 24 de marzo de 2020
– II convocatoria: dende o 25 de marzo de 2020 ao 25 de maio de 2020
Beneficiarios:
– Empresas con centro de traballo en Galicia, de calquera sector
– De alta nos programas avanzados de apoio á Internacionalización.
Compatibilidade
– Compatibles con calquera outra subvención pública para a mesma actuación, ata o 100 % do gasto subvencionable. Réxime de minimis.
Próximamente convocaranse as axudas para a prospección de mercados exteriores (participación en feiras…)
No despacho prestamos o servicio de asesoría xurídica dixital e realizamos a implantación do RGPD (protección de datos). Así mesmo prestamos o servicio de prospección de mercados en máis de 40 países, nos que realizamos a implantación da empresa e prestamos asesoramento en destino.
Para máis información, tramitación da axuda e/ou asesoramento, pode contactar con este despacho, ben a través deste formulario ben a través do teléfono +34.911.155.087
TIC Legal |Soutullo & Asociadas