Axudas:
– Subvención a fondo perdido.
– 75% dos conceptos susceptibles de apoio (80% en contratación determinado persoal).
Proxectos subvencionables:
a) Establecemento de filiais ou oficinas de promoción en destino.
b) Actuacións de promoción.
c) Plataformas de internacionalización en orixe: accións conxuntas para estudo de mercado, busca de clientes, publicidade …
d) Licitacións en destino.
e) Tramitación conxunta de certificacións, rexistros, etc., en destino.
f) Plataforma de promoción en liña para mercados exteriores.
g) Outros proxectos cooperativos de promoción internacional en orixe ou destino.
Conceptos susceptibles de apoio:
a) Gastos de constitución, servizos profesionais externos, licitacións, certificacións e homologacións e bases de datos (gastos legais, fiscais…).
b) Gastos de infraestrutura en destino:
- Alugamento de oficinas, showrooms en destino cando a actividade do proxecto subvencionable o xustifique.
- Aluguamento de equipamento cando a actividade promocional o xustifique.
c) Gastos de persoal contratado expresamente para tarefas relacionadas co proxecto en destino ou en orixe a partir do 1 de xullo de 2015, con límites.
d) Gastos de promoción e/ou publicidade:
- Feiras e outros eventos expositivos, presentacións de empresa e/ou produto.
- Gastos de publicidade.
- Deseño, creación e aloxamento de páxina web. Aplicación soporte comercio electrónico.
Conceptos non subvencionables:
a) Os impostos indirectos.
b) Os gastos do persoal habitual.
c) O custo dos importadores e/ou axentes a comisión sobre vendas.
d) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
e) Aqueles gastos que resulten de carácter xeral ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
Cuantía da axuda:
– Mínima 5.000 euros.
– Máxima
- Solicitante : 10.000 euros a 25.000 euros, depende fase internacionalización.
- Proxecto: 100.000 euros.
Período realización gastos:
– Dende 1 de xullo 2015 ata a data establecida na concesión (máximo 31 de marzo de 2.017).
Beneficiarios:
– Pemes.
– Con domicilio social en Galicia.
– Cun proxecto de internacionalización conxunto (agrupación, consorcio…) no que participen un mínimo de 2 empresas.
– Cun mínimo dunha persoa contratada en réxime xeral en Galicia.
Orzamento 2015-2017
– 1.000.000 euros
Prazo solicitude:
– O 11 de setembro de 2015.
No despacho:
1.- Prestamos o asesoramento e a tramitación para esta axuda.
2.- Asesoramos e xestionamos a creación do consorcio.
3.- Internacionalizamos empresas, contamos con acordos de colaboración en máis de 40 países: implantación de empresas no estranxeiro (constitución de filiais, búsqueda de socios, asesoramento fiscal, contratación internacional…).
Para máis información, pode contactar con este despacho.
A internacionalización das empresas, no camiño do éxito.