Convocadas AXUDAS para a INTERNACIONALIZACIÓN de empresas galegas
Subvencións para mercados exteriores, dirixidas ás empresas galegas para a proxección e posicionamento das empresas nos mercados internacionais.
Axudas: Subvencións a fondo perdido
– 75% dos conceptos subvencionables.
– 72.000 euros máximo
Conceptos susceptibles de apoio:
– Difusión: Máximo gasto 6.500 euros
- Campañas de publicidade no estranxeiro (en prensa, revistas, televisión, internet),
- Plataforma de promoción online, Márketing dixital (web, posicionamento e redes sociais).
– Promoción: Máximo gasto: 24.000 euros por evento.
- Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra de Galicia e/ou fóra de España
- Viaxes
- Aluguer espacios
- Asistencia externa (interpretes, envio mostras, deseños) Máximo gasto: 13.000 euros
- Elaboración de material promocional (catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares).
– Prospección novos mercados: Máximo gasto 2.500 euros
- Axendas comerciais, seguimento de contactos…
Inversión mínima: 5.000 euros
Período realización gastos:
– Dende o 4 de xaneiro ata o 29 de xullo de 2016. AMPLIACIÓN PRAZO: ata o 4 de marzo.
Prazo solicitude:
– Dendo o 4 de xaneiro ata o 26 de febreiro 2016
Beneficiarios:
– Pemes con centro de traballo en Galicia, de calquera sector
– Cun mínimo dun empregado por conta allea en Galicia no período entre o 28 de decembro e o 29 de xullo.
Compatibilidade
– Compatibles con calquera outra subvención pública para a mesma actuación, agás as cofinanciadas con fondos ou instrumentos da UE ata o 100 % do gasto subvencionable.
No despacho prestamos o servicio de prospección de mercados en máis de 40 países, nos que realizamos a implantación da empresa e prestamos asesoramento en destino.
Para máis información, tramitación da axuda e/ou asesoramento, pode contactar con este despacho, ben a través deste formulario ben a través do teléfono +34.911.155.087
TIC Legal |Soutullo & Asociadas